Kalandraka e a campaña 'Gústame o Galego', premios Xoán Manuel Pintos 2013
Por Redacción
A editorial pontevedresa Kalandraka e a campaña Gústame o Galego da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua son as dúas iniciativas gañadoras do Premio Xoán Manuel Pintos 2013, figura central do Rexurdimento. Este premio valora o compromiso activo e desinteresado coa normalización do idioma galego.
Segundo sinalou o concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, nesta ocasión resultou moi complicado para o xurado tomar unha decisión debido ás numerosos candidatos propostos por iniciativa popular.
O xurado destacou a mensaxe positiva a favor do galego que se promove a través da campaña Gústame o Galego da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua. O xurado tambien tivo en conta o carácter social que enmarca todas as accións e incidiu en que esta asociación une a profesionalidade dos seus membros co activismo social e o compromiso persoal e colectivo coa lingua. En especial, faise mención aos servizos de normalización lingüística municipais que sufriron fortes recortes ou desapareceron durante os últimos anos.
O premio ao traballo realizado de forma continuada ao longo de toda a traxectoria profesional foi ás mans de Kalandraka por unir a lingua galega a libros escritos e ilustrados por profesionais de Galicia. O premio concédese tamén polo compromiso coa lingua que supera o ámbito empresarial e traspasa as fronteiras galegas, ademais de fomentar a animación á lectura, a creatividade e a escrita en distintos espazos.
Os premios Xoán Manuel Pintos entregaranse nun acto público o próximo xoves 28 de novembro.