Presentan "La contrarreforma sanitaria", un libro que denuncia a "ofensiva" privatizadora da sanidade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53543e665cd3a-20131107_dt_presentacionlibroenlibreriabaroja5.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53543e3c1e14a-20131107_dt_presentacionlibroenlibreriabaroja6.jpg)
© Diego Torrado
Un dos sistemas de protección social que se está desmantelando de forma sistemática en España é a sanidade pública. Así o afirman os autores de La contrarreforma sanitaria, un traballo colectivo que trata de analizar e presentar alternativas á privatización da sanidade. Dous dos seus autores, Manuel Martín e Luisa Lores, presentaron este libro este xoves nun acto público celebrado na Librería Baroja.
Na presentación do libro, na que participaron entre outros o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e o vicepresidente do Colexio de Médicos, Jorge Nogueira, Manuel Martín e Luisa Lores destacaron que esta obra, tras analizar o proceso de privatización neoliberal que politicamente se impuxo en decenas de países occidentais nos anos setenta, mostran como, aproveitando a actual situación de crise, estase producindo unha ofensiva, acelerada e de gran intensidade, para destruíla e privatizala.
Un libro, editado pola editorial Catarata, que os seus autores consideran de utilidade para entender a política privatizadora levada a cabo no noso país. Pero, sobre todo, achega argumentos claros para consolidar a oposición ás privatizacións, desvela os intereses que xustifican esas políticas e supón un instrumento de loita para garantir o dereito á protección da saúde da poboación.
Luisa Lores é adxunta de radioloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública; mentres que Manuel Martín, ademais de presidente deste colectivo, é médico de atención primaria en Marín. Ambos formaron parte dun equipo de quince profesionais, coordinados por Marciano Sánchez, portavoz da Plataforma nacional para a Defensa da Sanidade Pública.