O director da Banda de Música Pontevedra dirixirá un concerto da Banda de Barcelona
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O director titular da Banda de Música de Pontevedra (BMP), Juan Lois Diéguez, foi convidado a dirixir a Banda Municipal de Barcelona nun concerto que se celebrará o vindeiro domingo 27 de outubro.
O concerto está programado para as 11.30 horas no Auditori barcelonés. Para esta ocasión tan singular, o director da BMP propón unha viaxe arredor da música de compositores de Holanda, Bélxica, Salamanca e Galicia, facendo unha parada especial en Rusia para escoitar unha das obras musicais máis relevantes de todos os tempos: O lago dos cisnes, de Tchaikovski.
Juan Lois Diéguez (Agolada, 1980) ten recibido encargos previos de agrupacións como a Nova Banda de Vilatuxe, Banda de Música Municipal de Agolada, Banda de Música de Caldas de Reis, Banda Cultural de Salceda de Caselas, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música Municipal de Silleda ou a Agrupación Musical do Rosal.
En 2010 xa foi seleccionado como director asistente da Banda Municipal de Barcelona, na que esta tempada 2013-2014 será director convidado. Na acualidade compaxina a súa labor de profesor instrumentista da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa Dirección Titular da Banda Municipal de Música de Boiro e da Banda de Música de Pontevedra.