Taller Abierto reivindica a cultura arquitectónica no Día da Arquitectura
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5252ee068f3d6-miguel.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Con motivo do Día da Arquitectura, tres novas arquitectas que se constituíron como Asociación de xestión cultural Taller Aberto colocaron carteis nalgúns dos edificios máis interesantes de Pontevedra un letreiro no que se alerta da importancia que ten ese inmoble dentro da historia da cidade.
Marta Guirado, Ana Barreiro e África Martínez son as tres mozas que forman parte deste proxecto e, nesta ocasión, quixeron situar seis obras de distintas etapas históricas, sinalándoas con carteis para que os paseantes puidesen contemplalas coma se se tratase de pezas de museo.
Un dos edificios sinalados e marcado como a casa máis antiga da cidade é o situado na praza da Ferrería, 7 con arquitectura bajomedieval de finais do século XV. Tamén instalaron carteis na Mercería Rodiño, na rúa Don Gonzalo, en Benito Corbal, Riestra, García Camba e Arquitecto da Sota.
Dende Taller Aberto xa se organizara outra actividade creativa coa "solta" de pingüíns de papel nas escaleiras da Praza da Estrela.