A Filarmónica de Pontevedra, obrigada a suspender novos concertos pola pandemia
Por Redacción
A elevada incidencia da terceira onda da covid-19 e as actuais restricións aprobadas polas autoridades sanitarias han levado á Xunta Directiva da Sociedade Filarmónica de Pontevedra a volver suspender as súas actividades. Como xa fixeron varias veces nos últimos meses, suspenden dous concertos previstos para a próximas semana.
En concreto, suspenden os concertos programados para os días 24 de febreiro e 3 de marzo no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra.
O 24 de marzo, estaba prevista a actuación da Real Filharmonía de Galicia, orquestra que, baixo a dirección do portugués Nuno Coelho, poñería en programa obras de Beethoven (Quinta Sinfonía) e Schoenberg (Noite transfigurada).
O 3 de marzo estaba programado o concerto do Cuarteto Ardeo, con obras para instrumentos de corda de Beethoven e Schubert.
De momento, a Sociedade Filarmónica mantén o concerto previsto para o 26 de marzo a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, aínda que non se descarta ter que cancelalo se se manteñen as restricións. Trátase dun concerto co que se ía a conmemorar o centenario da fundación da entidade.