22 textos aspiran a gañar o premio Microteatro da Memoria da Deputación
Por Redacción
Finalizado o presentación de textos, a Deputación de Pontevedra recibiu 22 traballos que aspiran a gañar o primeiro Premio de ' Microteatro da Memoria', que convoca a institución provincial en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD).
A deputada de Memoria Histórica María Ortega entende que este número de orixinais supón un gran éxito na primeira edición desta convocatoria. Destaca tamén a importancia de que a xente nova achéguese á Memoria Histórica e considera fundamental para atraer a públicos novos a utilización de novos formatos e linguaxes desde a administración.
Os textos preséntanse de maneira anónima e agora serán analizados por un xurado formado polo dramaturgo Ernesto Is; a directora de escena Irene Moreira e a escritora e xornalista Eva Mejuto. Terase en conta a calidade literaria e lingüística; o formato que utilice para a súa representación e o enfoque con perspectivas de país, xénero e clase.
Atendendo ás plicas, os traballos proceden tanto de persoas que se dedican á dramaturxia de maneira profesional, estudantes e exalumnado da ESAD e persoas alleas ao mundo teatral, segundo informan desde a Deputación. O premio único está dotado de 500 euros.
Relacionadas:
-
'A patente do sol', de Sara Rey, peza gañadora do II Premio de Microteatro da Memoria
Por Redacción |
-
Ata o 30 de novembro ábrese o prazo para presentar textos ao Certame de Microteatro da Memoria
Por Redacción |
-
"É importante que haxa plataformas para visibilizar historias de memoria histórica"
Por Redacción |
-
Unha obra de teatro como homenaxe a unha muller que "abriu unha fenda de luz no medio da escuridade"
Por Oskar Viéitez |
-
Pablo Prado e Miguel Rojo gañan o certame de banda deseñada do Garaxe Hermético
Por Redacción |
-
Microteatro e banda deseñada para achegar a Memoria Histórica á mocidade
Por Oskar Viéitez |