Os Premios da Música entregaranse en Pontevedra o 21 de outubro
Por Alejandro Espiño
Xa hai data para a gala de entrega dos Premios da Música. Será o 21 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, espazo vinculado a estes galardóns desde o seu nacemento.
Así o anunciaron este mércores os organizadores dos premios, a asociación Músicas ao Vivo, que recoñece que esta sétima edición será "complexa" desde o punto de vista organizativo.
A gala, que está suxeita a cambios en funcións das condicións sociosanitarias da pandemia da COVID-19, volverá a ser a gran festa da música galega. Iso si, con cambios para adaptarse ás actuais circunstancias.
Á espera de coñecer as condicións concretas nas que poderá desenvolverse o evento, a organización destaca a boa nova que supón que esta sétima edición sexa a máis exitosa de todas, xa que se inscribiron 577 proxectos artísticos.
De entre todos eles sairán os premiados nas vinte categorías a concurso, que recibirán como é habitual as estatuíñas Melómanas, realizadas un ano máis por Víctor Lorenzo.
Os finalistas desta sétima edición son:
- Bandas de Música Popular: Banda de Música de Merza | Banda de Música Municipal de Valga | Banda de Unión Musical de Meaño
- Blues, Funk e Soul: Brais Morán | Carla Green & The Demons | Narci Rodríguez dA Trío
- Canción de Autor/a: MJ Pérez | Pablo Lesuit | Silvia Penide
- Coros e Grupos Vocais: Coro Cantabile | De Vacas | Sisters in the House
- Electrónica: Koroiev | Músculo! | Yugen Kala
- Jazz e Músicas Improvisadas: Manuel Gutiérrez Trío | Xacobe Martínez Antelo Trío | Xan Campos Trío
- Metal: Broa | Grima | Mano de Piedra
- Música Clásica e Contemporánea: Katerina Linke | Samuel Diz | Taller Atlántico Contemporáneo
- Música Folk: Caldo | Candorka Trío | Susana Seivane
- Música Infantil: Lingua Guapa Cantos Que Contan | Magín Blanco e a Banda das Apertas | Radio Bulebule
- Música Tradicional: Faia | Mulleres de Gharghamala | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
- Músicas do Mundo: Lamas/De Miguel/Romero | Najla Shami | Oîma
- Músicas Urbanas: Kaixo | Laura Lamontagne & Picoamperio | Mundo Prestigio
- Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo | La Fórmula | Orquesta Los Trovadores
- Pop e Indie: Blanco Palamera | Guadi Galego e A Banda Somerxida | Xoel López
- Reggae, Ska e Mestizaxe: Chow y la Diligente Reggae Band | García MC & Nación Quilombo | High Paw & Elephants Yard
- Rock: Agoraphobia | Heredeiros da Crus | Moloch
- Festivais: Festival Agrocuir da Ulloa | Melonafest | Revenidas
- Proxectos de Comunicación e Difusión Musical: Músicas Galegas Ilustradas | O Recanto Do Corcovado | Xirarei
- Salas: La Fábrica de Chocolate Club | Náutico | Sala Mardi Gras
Ademais, o premio honorífico recaeu este ano nunha muller cunha gran traxectoria artística como é María Manuela.
A artista coruñesa, que naceu en 1945, formou xunto o seu compañeiro Miguel un dúo artístico que se converteu en referente da canción protesta e puxo en valor a lingua propia de Galicia musicando poemas dos autores máis recoñecidos das letras galegas.
Relacionadas:
-
Os Premios Galegos da Música volverán a Pontevedra nunha edición cun galardón Organistrum especial
Por Redacción |
-
Os músicos galegos reivindican que a cultura "é segura" aínda que haxa "a quen lle moleste"
Por Redacción |
-
RADIO.- Brais Orx, un produtor pontevedrés fichado polo selo español líder en música dance e electrónica
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Montero Ríos énchese de música, pintura e danza coa celebración do Día Mundial da Música
Por Redacción & Mónica Patxot |