Cassandra atraca no Sexto edificio do Museo de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este venres ás 20 horas, o Sexto edificio do Museo acolle a presentación da curtametraxe Cassandra, un traballo que mostra escenarios de distintos puntos da provincia, principalmente de Pontevedra e Sanxenxo.
Neste filme rodado durante o mes de agosto do pasado verán participaron máis de 20 persoas entre as que se inclúen profesionais do mundo audiovisual de Pontevedra, que desenvolveron o seu labor sobre todo no apartado técnico.
A historia deste curto ofrece unha viaxe autodestrutiva dun home ao que a vida golpea sen piedade e está dirixida e interpretada polo actor Nacho Garbe.