Amaro Ferreiro actuará o 6 de marzo en Sala Karma
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Amaro Ferreiro actuará na Sala Karma o 6 de marzo. O cantante está inmerso nunha xira nacional que o levará por escenarios de Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña e Santiago para presentar o seu terceiro traballo titulado Personajes Secundarios.
Desesperadamente foi o primeiro sinxelo lanzado polo músico, que está a promocionar agora Ángeles fósiles, na que colabora con Rayden.
A súa xira por Galicia fará a súa primeira parada en Pontevedra en Sala Karma, logo actuará na sala Island de Vigo o 20 de marzo.Pechará o seu periplo galego en abril cos seus concertos en Santiago, A Coruña e Ferrol.