O festival Novos Cinemas optará ao Premio do Público no Culturgal 2019
Por Redacción
Un festival de cine en Pontevedra, unha sala de concertos en Lugo e un festival multidisciplinar que se celebra no Courel. Son os tres candidatos que optarán ao Premio do Público que se entregará durante o Culturgal 2019.
O premio estará entre o festival Novos Cinemas de Pontevedra, o Club Clavicémbalo de Lugo e o Festival dos Eidos no Courel. A partir deste martes o público poderá escoller ao gañador a través desta ligazón. A votación popular pecharase o 19 de novembro.
A organización do Culturgal destaca que son tres proxectos destacados e relevantes para a sociedade, vinculados á cultura galega e que fomentan a participación do público.
Novos Cinemas, con preto de 3.000 espectadores na súa última edición, é un festival que se celebra en Pontevedra e que pon o foco en traxectorias en cernes no mundo do cinema. A pesar da súa curta traxectoria, xa é unha referencia na programación cultural galega.
O Club Clavicémbalo de Lugo, pola súa banda, leva 33 anos ofrecendo unha programación musical de calidade e converteuse nunha sorte de oasis, non só por ser practicamente a única sala de concertos da provincia, senón por outras características que o diferencian dos moitos locais que podemos atopar en calquera cidade.
O terceiro dos candidatos é o Festival dos Eidos do Courel. Ofrece tres días de programación cultural de diferentes expresións artísticas ligadas á literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiadas, obradoiros, actividades para rapazada ou exposicións nos diferentes espazos da casa-museo dedicada ao poeta galego Uxío Novoneyra.
Nas anteriores edicións de Culturgal levaron os premios do público da feira, sen dotación económica, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (2013), o Diario Cultural da Radio Galega (2014), o Festival de Cine Curtocircuíto (2015), o Festival Agrogay da Ulloa (2016), o Play-Doc (2017) e a Casa de Rosalía (2018).
Relacionadas:
-
Virginia García del Pino, Pamela Biénzobas, Gemma Vidal e Alfonso Zarauza asesorarán no Novos Cinemas 2019
Por Redacción |
-
Culturgal 2019 preséntase como o refuxio "onde nunca chove" con espectáculos, videoxogos e arte contemporánea
Por Redacción |
-
O público do Culturgal premia un festival multidisciplinar que se celebra no Courel
Por Redacción |
-
Sustentabilidade, cambio climático, interactividade e igualdade, no stand da Deputación en Culturgal
Por Redacción |
-
Culturgal contará coa actuación estelar de Marful ao vivo, coa colaboración de Sabela, de Operación Triunfo
Por Redacción |
-
Culturgal pon o foco na cultura interactiva nunha nova edición na que afronta unha reestruturación profunda
Por Natalia Puga |