O Museo de Pontevedra e a Fanpa entregan premios culturais
Por Redacción
A Cultura tivo na tarde deste venres dúas importantes citas en Pontevedra, da man do Museo de Pontevedra e da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA).
Por unha banda, esta tarde o salón de actos do Sexto Edificio acolleu a entrega de premios do II Certame "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", na que se recoñeceron os mellores traballos presentados por alumnado de toda a provincia desde 5º de primaria ata bacharelato.
E por outra, a Fanpa fixo entrega dos premios do VII Certame de Relato Curto ao que se presentaron 1.296 traballos. Os relatos gañadores e finalistas publicáronse nun libro editado por Kalandraka.
Neste acto tamén se fixo unha homenaxe á recoñecida escritora galega, Concha Blanco, que tamén elaborou un conto para este libro.