Pontevedra, parada da nova xira en acústico de Revólver
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Revólver, un dos grupos máis populares da música española durante a década dos 90, estreou 2019 con novo disco. Con este traballo, gravado en directo, chegarán a Pontevedra. A banda liderada por Carlos Goñi actuará no Pazo da Cultura o 5 de outubro.
Básico4 é un disco que Revólver que gravou por sorpresa no Teatro Price de Madrid, poñendo o broche de ouro á celebración das vodas de prata do Básico I, un disco que marcou un antes e un despois na historia da música deste país.
Nel, a banda reúne algúns dos seus grandes éxitos e os reinterpreta en acústico xunto con dous temas inéditos.
No concerto de Pontevedra, segundo informa a promotora, os de Carlos Goñi interpretarán este disco co que volveron á primeira liña musical.
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 26 euros, xa están á venda a través da plataforma Ataquilla.com.