O debuxante Mario Rodríguez expón para axudar á protectora de animais de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51b7684e0f4db-yo.jpg)
© Mario Rodríguez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/51b768809d500-valleweb.jpg)
© Mario Rodríguez
Mario Rodríguez é un caricaturista grovense que comeza a abrirse paso entre os mellores. A partir deste sábado 15 disputarase con algúns dos mellores creadores e debuxantes o galardón Formoso do salón do cómic do concello de As Neves. Os seus rivais para a obtención do premio chegan á altura de Miguel Anxo Prado, David Rubín, José Domingo, Xaquín Marín e Fran Bueno.
O habitual colaborador de PontevedraViva que colabora tamén na revista Sustansia móstrase satisfeito con esta nominación. Para celebralo agarda que numerosos interesados en ver a calidade dos seus traballos visiten, durante estes días, a exposición que mantén aberta no bar Manos situado na rúa Pombal do Grove. Alí poderanse observar algúns dos debuxos deste autor que é capaz de retratar ilustres pensadores galegos como Rosalía de Castro, Valle Inclán ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pero que tamén se atreve a realizar viñetas satíricas do presidente da Xunta de Galicia ou de Mariano Rajoy.
Os beneficios que se obteñan pola venda de debuxos nesta exposición destinaranse á Protectora de Animais de Cambados.