Eleni Foureira traerá o seu 'fuego' á Festa do Mar de Combarro
Por Alejandro Espiño
A artista chipriota Eleni Foureira foi, musicalmente, unha das grandes triunfadoras do 2018. O seu segundo posto no Festival de Eurovisión, coa súa canción 'Fuego', converteuna en todo un referente internacional. E agora, dentro duns meses, poderemos gozar dela en directo.
Ela será a gran estrela dos concertos que o Concello de Poio está programando de cara á Festa do Mar, que se celebrará en Combarro entre os días 21 e 25 de agosto.
A súa actuación, que será gratuíta, non ten data confirmada.
Xunto con Eleni Foureira, a Festa do Mar contará tamén cos concertos do compositor dominicano Henry Méndez e do cantante gaditano David de María.
A ampla oferta musical desta XIX edición da festa complementarase coa segunda edición do Festival Infantil Chalaniña, as dúas xornadas de música rockeira do festival Armadiña Rock e a VII Mostra da Canción Mariñeira.
Relacionadas:
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería conectan cun emotivo e esperado Festival de Eurovisión
Por Marisa Ciordia |
-
Poio presenta o programa das festas do Mar e da Ameixa
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería volven ao Festival de Eurovisión
Por Marisa Ciordia |
-
Coti e Roi Casal porán a música na próxima Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
A festa e a gastronomía tomarán Poio do 21 ao 25 de agosto e do 13 ao 15 de setembro
Por Redacción |