Alicia percorre o país das marabillas na Biblioteca de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51ac6af5064a3-2-alicia-en-el-pais-de-as-maravillas-1024x768.jpg)
© Títeres Cachirulo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51ac6b3aedb62-12-alicia-en-el-pais-de-las-maravillas-1024x768.jpg)
© Títeres Cachirulo
Este venres 7 ás 19 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, a pequena Alicia converterase en marioneta e percorrerá o País das Marabillas no salón de actos do centro.
A través do Coello Branco, o personaxe de Lewis Carroll trasladará os nenos menores de tres anos a través dun mundo onírico e fantástico que se move por debaixo da terra. Os pequenos que asistan a esta sesión merenderán coa Lebre de marzo, co Sombrereiro Tolo e co Leirón. Xogarán ao cricket coa temible Raíña de Corazóns e axudarán a Alicia a medrar de novo nunha aventura divertido a través dos monicreques de Cachirulo.
A entrada é libre ata completar o aforamento.