Un espectáculo tributo a Queen para animar a entrada de ano en Pontevedra
Por Redacción
A banda Break Free, que ofrece un espectáculo musical tributo ao grupo Queen, iniciará o ano 2019 cunha xira por Galicia que, o venres 4 de xaneiro, recalará en Pontevedra. Será ás 20.30 horas, no auditorio de Afundación.
Queen, lembran desde a promotora, é unha das bandas de rock máis potentes da historia e todos os seus éxitos volven aos escenarios con Break Free.
Esta banda logra capturar tanto o son orixinal como o persoal estilo e posta en escena que catapultaron a Queen á fama internacional, recreando os temas de ópera rock, os himnos universais e as poderosas baladas que situaron ao grupo liderado por Freddie Mercury no máis alto das listas de éxitos durante dúas décadas.
As entradas pódense adquirir na web ataquilla.com.