Marchas militares e panxoliñas para festexar o Nadal
Por Redacción
A Banda de Música da Escola Naval Militar ofrecía este mércores no auditorio de Afundación unha actuación xa tradicional, o Concerto de Nadal. Acompañando á agrupación atopábase un coro de Damas e Cabaleiros Alumnos voluntarios.
O programa desta cita musical estaba composto por marchas militares, obras sinfónicas, panxoliñas e temas propios destas datas.
O concerto enmárcase nas actividades programadas da Cátedra 'Almirante Álvarez-Ossorio', entre a Universidade de Vigo e a Escola Naval Militar.