![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534c69932a48c-jantoniodelgado495.jpg)
© José Antonio Delgado Millán
As Ruinas de San Domingos acollerá un concerto do gaditano José Antonio Delgado Millán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O domingo 2 de xuño, ás 19:00 horas celébrase nas Ruínas de San Domingos o concerto do gaditano José Antonio Delgado Millán, un cantautor ten compartido escenario con músicos do talle de Antonio Vega, Javier Ruibal, Jorge Drexler, Luís Pastor, Leo Minax, Carlos Chaouen e Vanesa Martín entre outros.
A súa música recibe influencias desde o pop actual ata o flamenco e o jazz. Nas letras das súas cancións fai retratos íntimos de aquelas pequenas cousas cotiás, valores e paixóns humanas, e especialmente no amor pola vida.
Gravou tres discos. O primeiro ten como título o nome do propio artista. O segundo, Mareado, é unha produción de DodeMusic e o terceiro, Perdiendo Altura, baixo o selo Odeón, de Ediciones Aljibe. Todos foron dirixidos, arranxados e producidos musicalmente polo mestre Joaquín Calderón.
Foi gañador de diversos certames nacionais de canción de autor.
A entrada é libre, ata completar aforo.