O irreverente humor de Ángel Martín seduce ao público pontevedrés
Por Redacción & Diego Torrado
Un dos cómicos españois máis populares, o televisivo Ángel Martín, fixo as delicias do público pontevedrés que, de maneira masiva, acudiu ao auditorio de Afundación para presenciar o seu novo espectáculo.
Tratábase da montaxe titulada Lo de hablar 2, un irreverente espectáculo que non foi máis que o que prometía, un divertido monólogo. Sós el e o seu micrófono. Sen proxeccións, nin cancións, nin invitados nin sorpresas.
Con esta proposta, Ángel Martín regresa aos escenarios tras tres anos de pausa, tempo no que se apartou dos monólogos, pero no que tamén lle sucederon moitas cousas que aproveitou para contar neste espectáculo.
Así, entre outros episodios explicou que nestes tres anos morreron os seus avós, o seu pai tivo un ictus, el descubriu a marihuana e aínda que a pesar de levar unha carreira televisiva que parecía que ía despegar acabou presentado un programa de ciencia que apenas vía ninguén: