Os nenos adéntranse en Sanxenxo no fantástico mundo das bibliotecas
Por Redacción
Cunha sesión de cuentacuentos, máis de cincuenta escolares de primeiro e segundo curso de educación primaria do CEIP Florida participaron no programa municipal do concello de Sanxenxo Coñece a túa biblioteca. Desta forma visitaron as instalacións situadas no Pazo Emilia Pardo Bazán e durante cincuenta minutos, os nenos puideron aprender como é o funcionamento dun centro bibliotecario. Repasaron dende as normas de comportamento ata o coidado que hai que manter cos libros.
Como broche final, os escolares asistiron a unha sesión de contacontos na que escoitaron os relatos Pulga e xigante e La bruja Piruja.