Maribel Verdú e Antonio Molero protagonizan en Pontevedra a obra "El tipo de al lado"
Por Redacción
Maribel Verdú e Antonio Molero protagonizan a nova obra de teatro que trae a Pontevedra a obra social da Fundación Novacaixagalicia. Trátase de El tipo de al lado, que tras dúas funcións en Vigo, recalará no Auditorio do Centro Social de Novacaixagalicia de Pontevedra o vindeiro domingo 13 de maio ás 20.30 horas.
El tipo de al lado é unha obra dramática baseada no best-seller da escritora sueca Katarina Mazetti que constitúe un auténtico tratado sobre as diferenzas sociais e culturais das persoas. A adaptación da obra de Mazetti corre a cargo de Alain Ganas e conta con Maribel Verdú e Antonio Molero no elenco.
Conta a historia dunha intelectual urbana nunha granxa e a dun granxeiro de provincias na ópera. A moza viuda, Laura (Maribel Verdú), e o torpe granxeiro, Pablo (Antonio Molero), séntense sos. Introvertida e intelectual ela, rústico e franco el, coñécense no marco dun cemiterio visitando as sepulturas dos seus seres queridos.
Un simple sorriso fai saltar a 'chispa' entre eles. Pero a realidade cotiá irrompe no seu mundo para poñer de relevo as súas diferenzas, o público asistirá a situacións tan inverosímiles como divertidas.
As entradas, que teñen un prezo desde 24 euros, están á venda a través de www.servinova.com ou ben na billeiteira telefónica no 902 504 500.