A Procura do Tesouro por el Centro Histórico de Pontevedra
Á procura do tesouro polo Centro Histórico. Así pasaron a tarde máis dun cento de rapaces que participaron nos talleres de expresión dramática, plástica e musical que desenvolveu a Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra por decimocuarto ano consecutivo coa coordinación de Migallas Teatro.
Esta actividade puxo remate a dous dos catro obradoiros de expresión dramática plástica e musical que se desenvolveron durante este ano no Pazo da Cultura. Ao longo de 22 sesións e participaron un total de 170 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
Durante estas 22 sesións os nenos descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo. Así pois, coñeceron, gozaron e reinterpretaron a arte do mestre da pintura Francisco de Goya.
Da man deste artista achegáronse á arte como gozo e estímulo para a creación e o desenvolvemento das calidades expresivas de cada persoa sen ningún tipo de traba.
Na expedición deste xoves 'os piratas limpos' deberon superar diversas probas que lles puxo o Pirata Escarapote para poderen atopar o seu tesouro. Entre proba e proba gozaron participando de diversos xogos populares e tradicionais na Praza da Pedreira de Pontevedra.
Foron capaces estes 120 piratas de superar todas as probas e descubrir o tesouro de Escarapote?. Compróbao na nosa galería fotográfica.
Relacionadas:
-
O Minipazo Club abre a inscrición para os talleres infantís
Por Oskar Viéitez |
-
Regresan 'Á Procura do Tesouro' e 'A hora do Conto'
Por Oskar Viéitez |
-
Kalandraka e Migallas cociñan o libro-disco Pan de millo
Por Oskar Viéitez |
-
De paseo con Goya da man dos nenos que participaron en A Procura do Tesouro
Por Redacción |