Compromiso coa lingua galega nuns sentidos premios Xoán Manuel Pintos
Por Redacción & Mónica Patxot
O Pazo de Mugartegui acolleu este xoves a entrega dos Premios Xoán Manuel Pintos 2018, que recoñecen o labor de persoas, empresas ou entidades na promoción da lingua galega.
Tratouse dun sinxelo acto tras a decisión tomada polo xurado dos premios o pasado 1 de marzo.
O primeiro dos recoñecementos recollérono Rosa Moreiras e Roberto Rielo polo programa 'Apego', de promoción da lingua galega e de normalización lingüística no ámbito familiar e que xa chegou a 10 municipios de Galicia.
Despois foi a quenda para os profesores Vitoria Ogando e Anxo González Guerra, mestres xubilados do IES Vale-Inclán de Pontevedra e que son xestores da páxina ogalego.eu, unha ferramenta para a inclusión do idioma nos ámbitos da educación primaria e secundaria.
Por último o proxecto 'A Galipedia', a tradución da popular Wikipedia ao galego e que cumpre 15 anos, levou o Premio Xoán Manuel Pintos ao ser elixido nunha votación popular. Recolleu o premio Adrián Estévez Iglesias, un dos impulsores do proxecto e colaborador de PontevedraViva.
Relacionadas:
-
Galipedia, premio Xoán Manuel Pintos 2018, xa recolle información de todas as parroquias da provincia
Por Redacción |
-
'Apego', 'A Galipedia' e dous profesores, gañadores dos premios Xoan Manuel Pintos
Por David Arana |
-
O premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso co galego ábrese á cidadanía
Por Natalia Puga |