A Asociación Cultural Revira conmemora a Revolución dos Caraveis con múltiples actividades
Por Redacción
O 25 de abril de hai 39 anos foi a coñecida como a Revolución dos Caraveis, o levantamento militar e cidadá que acabou coa ditadura salazarista que controlaba Portugal desde 1926. ÿ un motivo de celebración para a Asociación Cultural Revira que organizou toda unha serie de actividades para conmemorar esta efeméride, como ven facendo estes últimos anos.
Segundo a Asociación Cultural Revira "para nós, é unha oportunidade para solidarizarnos coa loita de hoxe, fundamentalmente a rebeldía fronte ás imposicións da troika que asolan o pobo portugués". Pero esta data, apuntan, "tamén unha ocasión para celebrar a nosa cultura, o deporte, a fraternidade e a amizade entre os pobos".
A relación de actividades que celebrarán os días 26 e 27 de abril é a seguinte:
Venres 26
- Concerto dos Labregos do Tempo dos Sputniks. O concerto celebrarase ás 23:30 da noite no Centro Social En Pé, na rúa Sarmiento. O billete ten un prezo de 4 euros e ao rematar pincharase música galega e portuguesa.
Sábado 27
- Ás 16:30 celebrarase un Aberto da Liga Nacional de Billarda, na pista de terra do IES A Xunqueira I.
- Ás 20:30: conferencia do Bruno Carvalho no centro social Revira : "A esquerda portuguesa fronte os ditados da Troika". ÿ un xornalista de análise internacional que colabora con medios como Gara, Info7 ou o Diario Liberdade.
- Ás 22:30: cea e degustación de produtos portugueses. Celebrarase tamén na Revira, cun prezo de 8 euros. Rematarán cunha festa con prezos populares e diversas sorpresas.