O festival Cantos na Maré trasládase á primavera
Por Redacción
O espectáculo Cantos na Maré ofrecerá a edición deste 2018 na primavera cun novo formato. Así o anunciou a entidade organizadora sinalando que adían esta cita musical que, durante os últimos anos, se celebraba neste mes de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Neste festival de lusofonía logrou un novo éxito na edición de 2017 enchendo o auditorio coa actuación de artistas como Guadi Galego, Paulo Flores, Celina da Piedade, Kátya Teixeira, Manecas Costa e o que fora líder de Radio Futura, Santiago Auserón.
Este espectáculo conta coa dirección artística de Uxía e co apoio do Concello de Pontevedra. Nas vindeiras semanas, a organización de Cantos na Maré concretará as novas datas de realización.