Luis Anguita atenderá os seus lectores este venres na Librería Baroja
Por Oskar Viéitez
O fiscal coordinador da Fiscalía Provincial da Coruña, Luís Anguita Juega, presentará este venres na Librería Baroja de Pontevedra a súa terceira novela, titulada Donde está tu destino.
ÿ unha obra independente, pero do mesmo xeito que as outras dúas anteriores -Mi lugar, mi pequeño sueño y Siempre habrá un lugar para soñar-, tamén trata de animar aos lectores a loitar para conseguir as súas metas.
Segundo a Sinopsis do libro que fai a Editorial Carena: Cada vida ten unha historia. Un mozo sen pasado, un futuro sen destino. Un mariñeiro solitario. Unha amizade. Unha rapariga que non está disposta a renunciar aos seus soños. Unha mirada gravada na mente. Un destino caprichoso que provoca un encontro cando xa non hai esperanza. Un vello médico que se revela ante a inxustiza. Un adolescente que ama a medicina. Unha historia onde ninguén está disposto a renunciar aos seus soños.
Tras acoller a José Antonio Vázquez Taín, un xuíz metido a escritor, a librería Baroja, no número 9 da rúa Palamios, recibe a un fiscal que atopa na literatura "unha forma de escapar do mundo xurídico".