Obradoiro na Biblioteca para participar no 'bookcrossing'
Por Redacción
O intercambio de libros dunha forma organizada denomínase 'bookcrossing' e é a forma de que os exemplares vaian pasando de persoa a persoa ao longo de todo o mundo co obxectivo de fomentar a lectura. A Biblioteca Pública de Pontevedra vai sumarse a esta iniciativa con motivo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2013.
A idea é que unha persoa lea un libro, o rexistre e que despois o libere, é dicir, se llo dea a un amigo, o deixe nun banco dun parque, o done á caridade, o "olvide" nunha cafetería e desta forma, comence a circular polo mundo. Cada vez que o libro cambie de mans, o propietario inicial terá constancia a través dese rexistro.
Para dar a coñecer esta iniciativa entre os máis pequenos, a Biblioteca pontevedresa organiza un obradoiro o vindeiro 5 de abril ás 6 da tarde dirixido a nenos de máis de 8 anos que deberán acudir acompañados por un adulto. ÿ necesaria unha inscrición previa que se abre do 20 de marzo ao 5 de abril xa que está limitada a asistencia a 15 prazas. Os interesados poden apuntarse no correo electrónico: electronicaobiblio.publica.pontevedra@xunta.es, a través do teléfono 989.850 838 ou no terceiro andar da Biblioteca.