Adriano Marques de Magallanes presenta ‘Retazos de una vida’ na Deputación Provincial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/db9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/590d5b2dbe-20170505ruedalibroadriano2.jpg)
© Consellería de Presidencia
Adriano Marques de Magallanes supera os 90 anos de idade e decidiu contar a súa dilatada carreira vital nun libro que se presentaba este venres no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra.
Baixo o título 'Retazos de una vida', a xornalista Tere Gradín relata a traxectoria persoal e política deste home nado en Portugal e que aínda se mantén activo como cónsul de Ecuador e como empresario. Anteriormente foi vicepresidente da Deputación Provincial e senador.
O público que acudiu ao acto de presentación do libro encheu o salón de plenos e entre os invitados atopábase a presidenta do Congreso de Deputados, Ana Pastor, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a directora xeral de Turismo, Nava Castro e a presidenta do Consello Económico e Social, Corina Porro.
Tamén acudiron á cita os deputados socialistas Carlos López Font e Digna Rivas, entre outros destacados cargos políticos e empresariais.
Durante a presentación, o ex ministro de Educación con Adolfo Suárez, José Manuel Otero Novas, glosou a figura de Marques de Magallanes, quen realizou un emotivo recordo da súa muller xa desaparecida Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantís de Galicia.