A xornalista Ana Cabaleiro presenta o seu primeiro libro de relatos, 'Sapos e sereas'
Por Redacción
Ana Cabaleiro é unha xornalista nacida en Silleda e que actualmente desenvolve a súa actividade profesional na Deputación de Pontevedra. 'Sapos e sereas' é a súa primeira experiencia literaria e este mércores presentaba este conxunto de relatos na Casa da Luz.
O acto contou coa presenza de numeroso público. Ana Cabaleiro explicou o contido deste traballo literario acompañada polo director da editorial Galaxia, Francisco Castro e polo presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo.
Entre o público atopábanse a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, o deputado de Cultura, Xosé Leal e a deputada Eva Vilaverde, ademais da concelleira de Cultura de Pontevedra, Carmen Fouces.
En 'Sapos e sereas', Ana Cabaleiro dálle volta a historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira e, deste xeito, relata como moitos sapos non merecen saír das súas fochancas.