Tres concertos en familia
Por Redacción
Coa intención de que os rapaces e os pais compartan a afección pola música clásica a través de contos e historias, o Teatro Principal acolle nos meses de outubro e novembro tres concertos.
O primeiro será o domingo 28 de outubro. Viravolta Títeres ofrece A caixa de Música, un espectáculo de monicreques moi atractivo visualmente e que grazas á música en directo crea un universo único para os espectadores.
Ao día seguinte haberá unha sesión concertada con centros escolares para a que xa están apuntados 250 nenos, tal e como explicou a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
O domingo 4 de novembro, a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra asume o protagonismo con dous contos musicais: O veado florido e Pedro e o lobo. A primeira das historias é de Antonio Torrado con música do compositor portugués Sergio Azevedo que se vai estrear en España no Teatro Principal de Pontevedra. Pedro e o lobo é unha fábula clásica de Sergei Prokofiev. A narradora será Eva Diz.
Os Concertos en familia rematarán o domingo 11 de novembro con O segredo de Val Axóuxere da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Segundo explicou o seu director, Javier Vicedo, trátase dunha estrea mundial que conta con música composta por Tony Cantal e con Mariña Sampedro como narradora.
Todos os concertos están previstos para as 18:30 horas no Teatro Principal e as entradas xa se poden adquirir a un prezo de tres euros a través de Servinova