O Museo compartirá este sábado o seu Premio da Cultura cos pontevedreses
A pasada semana, o Museo de Pontevedra recibiu en Santiago de Compostela o Premio da Cultura Galega, que recoñece o seu labor de conservación do patrimonio galego ao longo da súa traxectoria. Este mércores, o director do Museo, Carlos Valle, e o deputado de Cultura, Xosé Leal, quixeron anunciar o acto de festexo polo premio para compartilo cos pontevedreses e deixar constancia da súa obriga de "seguir traballando con máis ilusión".
Con motivo de conmemorar o pasado e sustentar as bases do futuro da institución, o sábado 4 de febreiro ás 19:00 horas, terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio do Museo unha celebración co obxectivo de facer público o agradecemento e o compromiso con este recoñecemento.
O acto contará cun aforo de 242 persoas e incluirá as actuacións do violinista Sergio Heredia, como parte da retrospectiva; Davide Salvado e Alba María como mostra das herdanzas do pasado nas obras contemporáneas e finalmente, Tamara Andrés, que interpretará unha performance audiovisual como un achegamento que o director do museo quere ter cara aos novos públicos e formas de expresión.
Para Valle, a perservación do patrimonio é unha parte fundamental da evolución histórica de Galicia e asegura que se nalgún momento chegase a desaparecer estariamos "amputados", recalcando así a importancia do Museo de Pontevedra na súa conservación e destacando neste sentido tres pezas da colección pola súa importancia para a historia de Galicia: o Tesouro de Caldas, dúas figuras do Pórtico da Gloria e Vento Mareiro de Castelao.
O director tamén quixo poñer en relevancia os inicios do Museo, que xorde a través da creación da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra a mans de Casto Sampedro, unha figura importante na recuperación da memoria histórica galega. Xorde de esos cimentos o Museo de Pontevedra nace en 1927 comprometido co seu legado e que se manisfestará no acto do sábado.
As invitacións poderán ser recollidas a partir desta tarde no propio edificio do Museo.
Relacionadas:
-
O Museo de Pontevedra mira "cara ao futuro"
Por Redacción |
-
Castelao? Filgueira Valverde? Sánchez Cantón? Que nome iría mellor para o Sexto Edificio do Museo?
Por Anxo Lourido |
-
O Premio da Cultura Galega motiva o director do Museo a traballar con máis intensidade
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra, galardoado polo seu patrimonio cultural nos Premios da Cultura Galega 2016
Por Redacción |