Domingos do Principal colga o cartel de "todo vendido"
Por Diego Torrado & Redacción
O despacho de billetes do Teatro Principal de Pontevedra colgou o cartel de "todo vendido" ante a habitual resposta das familias á tradicional cita cos Domingos do Principal.
"O lobo e a lúa", da compañía pontevedresa Baobab, estreou unha nova edición do ciclo de teatro para toda a familia.
Quedan por diante outros seis domingos con outras tantas compañías que presentarán 15 funcións máis.
A próxima ocasión será a quenda de "Retahilando", unha singular proposta da castelán leonesa Eugenia Manzanera que chega a Pontevedra cun premio debaixo do brazo, o do mellor espectáculo infantil otorgado na feira de Cidade Rodrigo.
"Retahilando", recomendada para nenos a partir de 3 anos, trátase dun espectáculo familiar con música o directo no que Sis sas é a tecedora que con humor vai fiando historias da tradición oral dos países mediterráneos.
Relacionadas:
-
Un "Superheroe" nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Danza e videocreación para unha divertida xornada en Domingos do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
L'Animé enche o Principal de teatro visual, danza e humor co espectáculo "Bhrava!"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'Retahilando' sorrisos con Eugenia Manzanera nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
'O lobo e a lúa', de Baobab Teatro, tamén divirte os escolares os luns á mañá
Por Mónica Patxot |
-
"O lobo e a lúa" de Baobab abre o ciclo de teatro Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |