Delorean presenta en Pontevedra o seu son máis house
Por Redacción
Este venres 11 de novembro, ás 22:00 horas na Sala Karma de Pontevedra o grupo Delorean presenta en Pontevedra os temas do seu novo disco, Muzik.
Delorean levan un longo tempo camiñando entre a liña do pop e a electrónica, escribindo cancións dance coma se fosen pop e producindo discos de pop para a pista de baile.
O traballo co que despegaron, Subiza (2010), xa mesturaba asolladas melodías e sintes co entusiasmo da música house; incluso o máis introspectivo Apar (2013) unía instrumentación de rock tradicional con ritmos bailables.
A súa nova entrega, Muzik, é un disco de longa xestación no que o péndulo compositivo dos de Barcelona volve pousarse sobre a electrónica.
Por suposto, o álbum segue estando repleto de momentos pop pero o cuarteto -formado orixinalmente no País Vasco- decidiu esta vez eliminar descaradamente os elementos rock da súa paleta sónica.