As mellores xogadas do FC Barcelona, a ritmo de danza no Pazo da Cultura
Por Redacción
Haberá fútbol este sábado en Pontevedra, pero nun escenario inusual e nun formato ao que tampouco estamos afeitos.
E é que o Pazo da Cultura acollerá, a partir das 19.30 horas, unha curiosa proposta escénica. Trátase do espectáculo Foot-ball, creado pola compañía de danza Gelabert Azzopardi.
Foot-ball é a ocasión de ver en xogo aos bailaríns de Gelabert Azzopardi descodificando, coreográficamente, algunhas das mellores xogadas do FC Barcelona, recreadas documentalmente pola mirada do cineasta Jordi Morató e o propio Cesc Gelabert.
A hibridación de linguas -inglés e catalán- que forman o título deste espectáculo serve ao coreógrafo Cesc Gelabert para presentar unha hibridación de dúas das principais linguaxes non verbais da nosa cultura -o fútbol e a danza- e así establecer un diálogo entre a capacidade expresiva e a natureza poética destas manifestacións escénicas.
Esta actuación, que forma parte do ciclo Summum Teatro, aínda ten entradas á venda en www.ataquilla.com. Teñen un prezo de dez euros. No caso de non esgotarse, poderanse comprar no despacho de billetes do Pazo desde dúas horas antes do inicio do espectáculo.
Relacionadas:
-
Catro estaciones para clausurar o ciclo Summum Teatro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Foot-Ball, coreografías que fan gol
Por Diego Torrado |
-
Concha Velasco 'volve tolo' ao público pontevedrés
Por Diego Torrado |
-
Summum Teatro volverá en outubro con catro novas funcións e estreará un sistema de abonos
Por Natalia Puga |