O Conservatorio acolle o concerto do pianista Manuel Casares
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Conservatorio profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra acolle o vindeiro venres 14 ás 18.00 horas un concerto dun pianista recentemente graduado. Trátase de Manuel Casares que agora mesmo prepara concurso e realiza concertos para levar a cabo as probas de máster.
Este concerto é unha oportunidade para escoitar a novos intérpretes que no seu repertorio presentan obras de Bach, Rachmaninoff, Ravel ou Prokofiev.
Manuel Casares nicia a súa carreira musical aos cinco anos coa pianista Irina Moryatova, quen lle ensina as súas primeiras leccións e segue sendo actualmente a súa profesora. Empeza o Grao Profesional en Música no ano 2005 no Conservatorio da Coruña, conseguindo a nota máis alta de todos os candidatos.
O concerto será de entrada libre.