O Museo retoma o seu programa de visitas comentadas
Por Redacción
Esta tarde tivo lugar a primeira das visitas comentadas á exposición "Saúde e Terra, irmá(n)s", mostra coa que se conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala. Estas visitas guiadas terán lugar os mércores e venres -ás 18:00 ambos días- e para participar non se precisa inscrición previa. Esta mostra poderá verse no claustro do Edificio Sarmiento ata o 2 de outubro.
A partires do sábado 1 de outubro e ata o 28 de maio do vindeiro ano volverá activarse, ademais, o programa habitual de visitas guiadas que pon en marcha o Museo. Baixo o nome xenérico de "Vén coñecer o Museo" realízase "A Ruta do Museo" e "Achégate ao Sexto", ambas gratuítas.
"A Ruta do Museo" terá lugar todos os sábados ás 11:30, ten unha duración de 90 minutos, e precisa inscrición previa no enderezo electrónico habitual do gabinete didáctico e no teléfono 986 804 100, extensión 42413-. O punto de encontro son as Ruínas de San Domingos e inclúe un percorrido polos seis edificios que compoñen o Museo para facilitar unha aproximacións ás súas coleccións.
Pola súa banda, "Achégate ao Sexto" consiste nun percorrido comentado tanto pola arquitectura como polas coleccións que custodia o edificio máis recente do Museo. Terán lugar os domingos ás 11:30, tamén ten unha duración de 90 minutos, e non precisa inscrición. O punto de encontro é no propio Sexto Edificio.
Relacionadas:
-
As ruínas de San Domingos recuperan o seu horario habitual de apertura
Por Redacción |
-
O Premio da Cultura Galega motiva o director do Museo a traballar con máis intensidade
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra, galardoado polo seu patrimonio cultural nos Premios da Cultura Galega 2016
Por Redacción |
-
'Saúde e Terra, irmá(n)s!' viaxa 100 anos atrás para mergullarse no nacemento das Irmandades da Fala
Por Mónica Patxot |
-
Máis de 40.000 persoas visitaron o Museo durante este verán
Por Redacción |