Carlos Ollero presenta a súa primeira novela, 'Las derrotas de Elena'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Ateneo de Pontevedra organizou para este venres 16 de setembro unha charla ao redor da novela Las derrotas de Elena, do autor Carlos Oleiro Sánchez, publicada por Editorial Discursiva. O acto comeza ás 20.15 horas, en Libraría Paz. O autor estará acompañado polo editor Enrique Sánchez Sotelo.
Las derrotas de Elena é unha novela sobre a Guerra civil e tamén sobre a Segunda Guerra Mundial, un traballo no que se inclúe acción e amor. Elena e Manuel son os protagonistas que se coñecen e que apenas ten tempo para empezar unha vida xuntos. El terá que participar en diversas frontes en España e tamén en Francia ou no norte de África.
A novela ofrece unha visión do paso da adolescencia á idade adulta e como a vida empuxa a asumir responsabilidades.
Carlos Oleiro naceu en Madrid e é profesor de informática nun instituto e Físico de formación. Colaborou con diversas revistas de literatura e formou proxectos con outros autores. En novembro de 2012 publica o seu primeiro traballo Como pompas de jabón, unha recompilación de contos e poemas. Las derrotas de Elena é a súa primeira novela.