Música, humor e teatro achegan aos pontevedreses a figura de Castelao
Por Redacción
A obra teatral 'A lingua na Boca', creada especificamente para achegar a figura de Castelao ao público actual, chegará este luns 15 de agosto á cidade de Pontevedra. Será a partir das 22.00 horas na praza do Teucro.
O espectáculo profundiza na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Catelao dun xeito contemporáneo e atractivo. Para conseguilo, os actores Fran Núñez e Brais Iriarte botan man da música, do humor e da narración oral.
A actuación forma parte da programación posta en marcha pola Deputación Provincial de Pontevedra con motivo do Ano Castelao. Partindo de textos do propio Castelao, combínaos con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do autor pontevedrés de adopción.
As historias acompáñanse de temas musicais e melodías tradicionais galegas actualizadas e interpretadas en directo con diferentes instrumentos como guitarra, contrabaixo, frautas e melódica. Cunha escenografía sinxela os dous intérpretes van repasando as diferentes facetas do Castelao médico, debuxante, escritor e político, para amosarllas ao público dun xeito comprensible e suxestivo.
'A lingua na boca' está a xirar polos 62 concellos da provincia nos meses de verán, nun percorrido que comezou o pasado 1 de xullo en Ribadumia e que rematará o 3 de setembro no Rosal. Cando chegue á cidade de Pontevedra o día 15 de agosto, xa terá percorrido un total de 44 concellos.
Relacionadas:
-
Aínda que non deban, os vellos volverán namorarse no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Carlos Valle, sobre 'Meu Pontevedra': "Despois destas exposicións nace un Castelao distinto"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Estrea absoluta en Vilagarcía da obra musical ‘Alba de Gloria’ dedicada a Castelao
Por Redacción |
-
O Ano Castelao chega ao Grove coa obra teatral 'A Lingua na Boca'
Por Redacción |