Presentan preto de 1.900 curtas para a segunda edición do festival Curtas Armadiña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 1.884 curtametraxes, procedentes dun centenar de países de todo o mundo, presentáronse á convocatoria aberta para participan na segunda edición do festival Curtas Armadiña, que se celebrará entre o 17 e o 19 de novembro.
De todos eles, España (442), Estados Unidos (152), Reino Unido (94), India (91), Brasil (85) e Francia (78), Irán (70) e Italia (70) son os países cunha maior representación.
Desde a organización destacan que a pesar de reducir o período de inscrición, logrouse superar as cifras de pezas recibidas en máis de cincocentos filmes.
A asociación Armadiña entende que este gran número de participantes permitirá asegurar unha gran calidade na selección final desta segunda edición do festival.
O Curtas Armadiña está organizado pola asociación Armadiña e a concellería de Cultura do Concello de Poio, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.