Ponte Caldelas pon en marcha o Plan Cultural para promover os grupos musicais e de baile
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As agrupacións musicais e de baile de Ponte Caldelas poden participar nunha nova edición do Plan Cultural do Concello. Trátase da novena edición que contará coa participación das seguintes agrupacións musicais: os grupos de gaitas Airiños de Ponte Caldelas e Nós tamén imos; a coral Valdarrosa; o grupo de baile flamenco Aires do Norte e Olé; a charanga tradicional Airiños da Fracha e o grupo de gaitas e baile tradicional Vos Coribantes.
O prazo para presentar a solicitude de actuación de calquera destes grupos finaliza o 31 de marzo. Con esta iniciativa preténdese fomentar a actuación destas agrupacións musicais, corais, folclóricas e de baile existentes no municipio nas múltiples festas e celebracións veciñais e parroquiais que se desenvolven ao longo de todo o ano nos diferentes lugares que compoñen o termo municipal.
O alcalde Andrés Díaz indicou que supón unha axuda para as agrupacións á vez que unha colaboración municipal coas celebracións de carácter festivo.