O Domingo do Principal énchese de 'Burbullas de papel'
Por Diego Torrado
O Teatro Principal acolleu este domingo 14 de febreiro o espectáculo Burbujas de papel, de Mucab Dans, unha obra interactiva que puxo sobre o escenario: danza, música en directo e multimedia.
Esta obra recibiu o galardón ao mellor espectáculo familiar da Feira de Teatro Cidade Rodrigo 2014.
Burbujas de papel é unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación transportando ao espectador a un espazo onde todo é possible. Un percorrido por un mundo fantástico cheo de burbullas de xabón, burbullas de papel, burbullas dixitais, globos, sombras, luz negra,..
Un espectáculo máxico como comprobaron os centos de nenos que gozaron da obra en Pontevedra.