Quen gañará o Premio Xoán Manuel Pintos ao impulso do galego?
Por Redacción
O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, acompañado por integrantes da Rede Amiga da Lingua presentaba este mércores 27 a sexta edición do Premio Xoán Manuel Pintos. Desde o ano 2005 a distinción ten como obxectivo recoñecer publicamente o labor de impulso do uso da lingua galega e manter viva a memoria do xurista e escritor que resultou figura central do Rexurdimento, moi vinculado a Pontevedra.
O xurado outorgará dous galardóns, un destinado a unha persoa ou colectivo que destaque pola promoción da lingua durante os dous últimos anos e o segundo, destinado a aquelas persoas ou entidades que ao longo da súa traxectoria destacase pola normalización e difusión da lingua galega.
O xurado atópase composto por once persoas, entre os que destaca o premio Cidade de Pontevedra, Calros Solla; o xornalista Juan de Sola; un integrante da xunta directiva da FANPA, Francisco Freire; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, Conchi Cochón ou a representante da editorial Kalandraka, Manuel Rodríguez, ademais do concelleiro Alberto Oubiiña.
Na tarde deste mércores 27 reunirase o xurado para presentar as candidaturas. O 11 de febreiro volverán reunirse para votar as propostas e o venres 26 entregaranse os premios nun acto público.
Nos anos anteriores, entidades como Pavís-Pavós Contacontos, a empresa ReiZentolo, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, a Aula Castelao de Filosofía, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial, Xosé Xoán Barreiro e o debuxante Kiko da Silva recibiron estes galardóns.
Relacionadas:
-
O premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso co galego ábrese á cidadanía
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Falando da lingua galega
Por Marisa Ciordia |
-
O galego, nas boas mans de Migallas Teatro e Luis Davila
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Migallas Teatro e Luís Davila, galardoados co Premio Xoán Manuel Pintos 2016
Por José Alberto Graña Pérez |