As Belas Artes fusiónanse coa música no Ciclo de Butaca 2016
Por Redacción
Desde este mes de xaneiro ata o mes de maio, o Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra vai ofrecer sete concertos nos que a música non será a única protagonista, fusionaranse con danza, escultura, pintura, cinema, literatura e arquitectura. Con esta mestura de Belas Artes desde a agrupación queren que o público apoie o esforzo que están a realizar e énchanse todas as sesións previstas no Teatro Principal. A este ciclo engádense outros dous concertos en febreiro e abril.
O primeiro, o 21 de xaneiro, baixo a batuta do novo director da Banda, Rafael Agulló, contará coa colaboracón de "Máis que danza". O previsto para o 4 de febreiro é posible que sufra modificacións xa que está pendente de confirmacións dos participantes. Inicialmente prevese unha "Rapsodia esculturo pictórica".
O cinema, terá o seu protagonismo o 3 de marzo no concerto "Fotogramas musicados". A literatura estará presente en dúas das citas do programa: o 28 de abril "Música con maiúsculas" e o 26 de maio, con motivo do Día dás Letras Galegas, adicado este 2016 a Manuel Marías, a Banda de Música ofrecerá o seu repertorio xunto ao Quinteto Rubato. Fóra deste ciclo, e dentro do programa do Salón do Libro, o 14 de abril "A sintonía dás fábulas" fusionará a música cos contos de Raquel Queizás. As "Arquitecturas sonoras" están previstas para o 12 de maio contando coa colaboración do Conservatorio Profesional Manuel Quiroga.
Por segundo ano consecutivo, a Banda de Música de Pontevedra colabora con músicos portugueses. O resultado poderase ver o 17 de marzo cun concerto de "Música para banda portuguesa do século XXI" no que Fernando Marinho será o director invitado e Alfredo López Castro como solista á tuba. Antes, e fóra do Ciclo de Butaca ofrecerase o 18 de febreiro un recital con alumnos de segundo curso da AEDB e a direccion de Javier Viceiro Filgueira.
Cada un dos concertos ten un prezo de dous euros, o abono para os sete recitais é de sete euros e comezarán ás 21.00 horas. As excepcións, fóra do programa: o 18 de febreiro será gratuíto e o 14 de abril a entrada será de tres euros e comezará ás 18.30 horas.
Relacionadas:
-
O quinteto Rubato actuará xunto á Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción |
-
Belas Artes fai as maletas e viaxa ata Porto para facer balance de 25 anos
Por Redacción |
-
A Banda de Música de Pontevedra proba combinacións artísticas
Por Diego Torrado |
-
'Belas artes reducidas a un mesmo principio' no Ciclo de Butaca da BMP
Por Redacción |