Cantos na Maré. Encontro con Karyna Gómes e Uxía
Karyna Gomes mantivo un encontro con escolares de Pontevedra para contarlles as claves da súa música e do seu país de orixe Guinea Bissau
© Mónica Patxot
Os rapaces pontevedreses coñecen a Karyna Gomes, a revelación da música lusófona
![Mónica](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/50b75e9aee4e2-patxotparalaweb.jpg)
Por Mónica Patxot
Este venres, dentro das actividades paralelas ao Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na Maré, tivo lugar no Pazo da Cultura, concertado con 100 escolares de 5º e 6º de primaria, un encontro con Karyna Gomes. É unha das artistas das que poderá gozar o público ao día seguinte.
Karyna Gomes é a gran revelación da música da África lusófona, cun primeiro disco, “Mindjer”, producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges, que tivo un grande éxito de crítica e público.
Investigadora da música de raíz do seu país, Guinea Bissau, está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres continentes: África, América e Europa. Iniciou a súa carreira en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o histórico grupo Super Mama Djombo. Ten compartido escenario con artistas como Tito Paris, Pricezito e Diva Barros.
Os rapaces pontevedreses descobren a Karyna Gomes a revelación da música lusófona
© Mónica Patxot