Afundación e o Russian Classical Ballet presentan 'O lago dos cisnes'
Por Redacción
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Russian Classical Ballet presentan O lago dos cisnes en Pontevedra o próximo día 3 de xaneiro, ás 19.00 horas.
Nesta ocasión, a recoñecida compañía dirixida por Evgeniya Bespalova estrea en Galicia, da man de Classic Stage, este epítome atemporal dos ballets clásicos que narra a historia de Odette, unha moza vítima do feitizo do terrible bruxo Von Rothbart, que a converte en cisne durante o día adoptando a forma humana durante a noite. Só unha declaración de amor verdadeira poderá liberala da maldición.
Un conto de amor, traizón e triunfo do ben sobre o mal que continúa conquistando os seus espectadores. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.
Esta actuación enmárcase dentro da xira que o Ballet Nacional Ruso co seu Lago dos cisnes está a levar a cabo polas cidades máis importantes do territorio español. Ademais do nutrido corpo de baile, o público gozará do virtuosismo dos principais bailaríns solistas da compañía, entre eles, Mariinsky Kirill Safin e Margarita Demjanoka.
Relacionadas:
-
O Crebanoces cobra vida co Russian Classical Ballet en Pontevedra
Por Redacción |
-
O clásico nunca pasa de moda: o ballet 'O lago dos cisnes' conquista Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
Cancelan o espectáculo "O lago dos cisnes" no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
O Ballet Nacional Ruso regresa a Pontevedra a ritmo de Tchaikovsky
Por Redacción |