Concerto a favor dos gatos na Sala Karma
Por Redacción
Esta noite a partir das nove na Sala Karma vai desenvolverse o primeiro evento musical que se leva a cabo en Pontevedra cunha causa solidaria como a de salvar os gatos abandonados.
Haberá sorteos, mercado benéfico con venda de carteiras, camisetas ademais de música dos grupos Brutal, Voltage, Camarada Nimoy e Chingomongol.
O prezo da entrada é de 5 euros e para adquirilas é necesario pasar pola billeteira da Sala. Aquelas persoas que non poidan asistir, pero queiran colaborar con esta iniciativa tamén teñen a posibilidade de colaborar nunha fila 0. Para máis información deben poñerse en contacto cos responsables de Difusión Felina a través do correo electrónico: ccdifusionfelina@hotmail.com