'Windermere Club' convence ao público de Pontevedra en Afundación
Por Redacción
O auditorio de Afundación en Pontevedra acolleu este venres a representación de Windemere Club, dentro da súa programación teatral, cunha notable presenza de público.
A obra, adaptación da clásica O abanico de lady Windermere de Óscar Wilde, contou con actores como Natalia Millán, Teresa Hurtado e Javier Martín, entre outros.
O texto enganchou aos presentes, nunha historia baseada no medo á difamación e a importancia da imaxe social das persoas.
Windermere Club xira ao redor da historia da señora Windermere, unha muller que descobre que o seu marido mantén unha relación con outra persoa e decide enfrontarse a el.
Tras esta función El hijo de la novia, adaptación da coñecida película do mesmo nome, pechará o día 16 de decembro a programación anual de teatro de Afundación en Pontevedra.