Un balcón musical con vistas ao mundo
Por Oskar Viéitez
Tel Aviv, Tokyo, Zagreb, Buenos Aires, San Petersburgo, Delhi, Johannesburgo,Vienna, Los Angeles, Sydney, Londres e Pontevedra comparten unha iniciativa en común: o gusto polos concertos nos balcóns.
Balconytv.com é un sitio de internet, basicamente é unha plataforma de televisión online, dedicada á traxectoria de músicos independentes de todo o mundo na cal convídaselles a tocar nese sitio.
No caso da cidade de Pontevedra o lugar elixido é o balcón da Casa Azul, o edificio social do Concello, con vistas sobre os tellados de todo o centro histórico da cidade do Lérez.
Fundado en xuño de 2006, BalconyTV é un dos principais blogs de música en internet que presenta solistas, grupos e outros espectáculos gravados en balcóns de cidades en todo o planeta. Este blog ten máis de 4500 vídeos arquivados e que foron vistos ¡máis de 20 millóns de veces!
Aínda que xa se gravaron uns cantos, de momento, e hai seis grupos que, con este escenario de fondo, colgaron os seus videos nesta iniciativa Gonzalo Arca, Thee Blind Crows, Holy Water, Moon Crista, Unicornibot, e Querido extraño.
ÿ música con vistas, coa factura de Producciones Mutantes, responsables do video e Litium Records, a cargo do son.