Os festivaleiros surfean en familia no Lérez
Por Diego Torrado
O público pontevedres respondeu masivamente a esta nova edición do Surfing the Lérez no escenario da Illa das Esculturas.
A cita estaba concibida para un público familiar polo que para os máis pequenos supón o seu bautismo nos festivais musicais. Neste sentido a programación deseñada na Illa do Cobo contemplaba máis de doce horas de concertos, combinados actividades para os máis pequenos, desde bebés.
Pero tamén había tendas de alimentación, un mercadillo, ata unha exhibición de Quidditch, ese estraño deporte ao que xogaba Harry Potter no colexio de maxia de Hogwarts.
E como sempre o Surfing non descoidou a súa cara máis solidaria cun espazo mara entregar doazóns de produtos básicos para as entidades que forman parte da Redeaxuda.
No apartado estritamente musical os protagonistas foron os grupos The Grave Dolls, Gold & Colt, Cantos de Taberna, Los Pontiaks, Sugar Mountain, Los Motores Rock de Vigo, Furious Monkey House, Charlie DJ, Pasajero, Julián Maeso, Sr. Fiuza, Killer Barbies, Ángel Stanich, e Delorentos, ademais de Arizona Baby, e A Banda Do Terror.
Relacionadas:
-
Igloo, Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows, ao Surfing the Lerez o 18 de xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Comeza o reparto das máis de catro toneladas de alimentos recollidos no Surfing the Lérez
Por Redacción |
-
Surfing The Lérez recolle alimentos ata encher 14 furgonetas para Redeaxuda
Por Redacción |