Música e microteatro, reclamos para unha nova edición do Festival Barosa Líquida
Por Redacción
O Parque Natural de Barosa no municipio de Barro celebrará do 11 ao 13 de setembro a cuarta edición do Festival Barosa Líquida 2015. Trátase dunha cita coa arte multidisciplinar, no que este ano teñen cabida actuacións musicais, instalacións artísticas integradas no ámbito da fervenza e unha obra de microteatro, segundo apuntan dende a organización do evento.
O programa iniciarase o venres 11 cun concerto a partir das 21.00 horas de Puntada sen fío. O sábado será a quenda de Gold & Colt que actuarán a partir das 20.30 horas mentres que o domingo haberá dúas representacións da obra de microteatro 'No es país para coños', dirixida por Diana López e interpretada por Déborah Vukusic, Arantxa Treus e Rocío Romero. Este espectáculo é para maiores de 18 anos e represéntase ás 20.00 e ás 21.30 horas.
Entre ambas as dúas funcións haberá un concerto de Musgalia cos artistas Alba Blanco, Román Carbato, Silvia García, Marta Moldes, Neves Seara e Ana Seoane.